Éxito de participación do obradoiro de pesca submarina de Muros

16 Abril 2025

Este sábado 12 de abril a praia de Somorto en Esteiro (Muros) acolleu o I Taller de Iniciación á Pesca Submarina, impartido por Soraya Hermida e Belén Díaz. A experiencia formativa “contou cunha gran acollida, esgotando todas as prazas disponíbeis, e a xente marchou encantada e con ganas de repetir”, asegura o concelleiro de Deportes, Damián Torea, quen agradeceu o labor desenvolvido “por Soraya e Belén”. O concelleiro fixo saber que en datas vindeiras “anunciaremos as novas edicións de máis talleres no noso concello”.

A sesión levada a cabo en Somorto arrincou ás 10:00 horas e foi impartida por Soraya Hermida, actual campioa Galega e de España da modalidade, e Belén Díaz. O obradoiro, destinado a persoas maiores de 16 anos, incluíu sesións de teoría e de práctica. Lembrar que na I Gala do Deporte do Concello de Muros, Soraya Hermida foi a gañadora na categoría de mellor deportista feminina do ano 2024.

Dende a Concellería de Muros informaron tamén que esta pasada fin de semana Eva Formoso e Jesús García participaron no campionato de España de Trail en Ibiza. Os dous fixeron un balance positivo e Eva quedou terceira de España por equipos coa selección galega. O equipo de Goberno de Muros na súa totalidade envioulles os seus parabéns aos deportistas locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.