Clausura do III Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina na piscina municipal de Outes

12 Abril 2025

A piscina municipal de Outes acolleu esta mañá o acto de clausura do III Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina, unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña que pecha a súa terceira edición cun balance moi positivo. Máis de 300 mulleres, de idades comprendidas entre os 12 e os 70 anos, participaron nos diversos cursos desenvolvidos ao longo da provincia.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, estivo presente na entrega de diplomas e salientou a relevancia deste programa, destacando que “non só contribúe á adquisición de hábitos saudables, senón que tamén proporciona ás mulleres ferramentas prácticas que reforzan a súa confianza e autonomía persoal”.

Os seminarios, de carácter gratuíto, realizáronse en colaboración con distintos concellos (Cedeira, Ordes, Valdoviño, Negreira, A Pobra do Caramiñal, Creceda, Arzúa e Outes). As participantes recibiron formación básica en técnicas de defensa persoal durante sesións de tres horas, impartidas por especialistas, e traballaron aspectos físicos e emocionais vinculados á autoprotección.

Con esta iniciativa, a Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso cunha programación deportiva inclusiva e con perspectiva de xénero, contribuíndo á igualdade real e á loita contra as violencias machistas tamén desde o ámbito deportivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.