Cinco veciñas de Rois e integrantes de AMIPA protagonizan o proxecto “No Camiño” da ourive Sonia Ares

07 Abril 2025

A sede da Asociación AMIPA, en Sorribas (Rois), acolleu este sábado 5 de abril a gravación dun vídeo no que cinco mulleres con discapacidade intelectual da Asociación exerceron como modelos de pezas exclusivas da artesá e ourive local Sonia Ares.

A iniciativa, bautizada como No Camiño, pon o foco na inclusión, na igualdade real e no talento das persoas con diversidade funcional. A súa orixe nace dunha experiencia que marcou a vida de Sonia Ares. En xuño de 2024, a artesá foi convidada a participar en Airea Local, un encontro organizado por AMIPA no que se compartiron historias e experiencias . “Marchei coa idea de que quizais nun futuro houbese outra oportunidade para achegar un pouco máis de min”, confesa.

Esa oportunidade, segundo relata, chegou cando unha traballadora e veciña propúxolle que as mulleres de AMIPA se convertesen en modelos das súas pezas. Non dubidou en aceptar, e así comezou a preparación de todo: a elección das pezas, a organización da sesión fotográfica e, por suposto, a creación dun nome para o proxecto.

No Camiño foi o título elixido, pois representa non só a ruta do Camiño de Santiago, que conecta localidades como Rois, Padrón e Santiago, senón tamén o camiño persoal e transformador que compartiron todas as persoas implicadas neste proxecto.

A gravación deste sábado desenvolveuse nun ambiente de fermosa complicidade e sintonía entre as protagonistas. Cada muller luciu un estilismo propio, composto por pezas das coleccións Cunchas, Cunchas de fío, Moa e Fili. Ao remate da sesión, Sonia Ares agasallou a cada unha cunha xoia que puideron elixir como recordo da experiencia vivida.

As mulleres participantes foron Lucía Esparís, María López e Mari Carmen Pan, todas veciñas de Rois; Teresa Cajaraville, de Dodro; e Laura Álvarez, de Padrón. A gravación estivo dirixida polo realizador Paulo de Oliveira, e contou coa colaboración do eco-salón de beleza Silvia’s Look de Padrón, que se encargou da maquillaxe e o peiteado das protagonistas.

“Estou fondamente agradecida ás cinco mulleres que participaron nesta experiencia. Levaron as pezas con moita graza, con moita elegancia, e fixeron que todo tivese sentido. Con elas, pechamos este círculo que é tamén unha celebración da vida, da arte e da conexión”, afirmou Sonia Ares quen tamén deu as grazas “a AMIPA, por estar sempre aí e facer posíbel tantas cousas; a Paulo, por colaborar connosco con tanto cariño e compromiso; e a Silvia Slook, por acompañarnos neste camiño resaltando a beleza”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...