Carlos Callón recupera as vidas e Pedro Díaz e Munio Vandilaz, protagonistas do primeiro matrimonio gai documentado na Península

15 Abril 2025

O escritor Carlos Callón (Castiñeiras, Ribeira, 1978) prosegue co seu incansábel compromiso coa memoria e coa recuperación das historias ocultas da nosa terra, milleiros de episodios por desvelar que guindan un panorama diverso e de vidas adiantadas ao seu tempo que os libros e historiadores oficiais encargáronse de ocultar. Desta volta, Callón tráenos de volta o que sería o primeiro matrimonio gai documentado na Península: o que levaron a cabo hai 964 anos en Rairiz de Veiga (Ourense) Pedro Díaz e Munio Vandilaz, do que este 16 de abril cúmprese o aniversario.

No Tombo de Celanova

No día 16 de abril de 1061, hai xa case mil anos, dous homes galegos, Pedro Díaz e Munio Vandílaz, rexistraban nunha escritura pública a súa vontade de viviren xuntos e partillaren as súas vidas, na parroquia de Santa María de Ordes, actual Rairiz de Veiga. O documento, transmitido no Tombo de Celanova, detalla unha unión que, con palabras de hoxe, “podemos considerar un verdadeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo”, explica Callón, engadindo que Pedro e Munio estipulan no documento a coidanza e goberno conxunto do fogar, o reparto da comida, bebida e roupa, así como a obrigatoriedade de manteren as mesmas amizades e inimizades, nunha convivencia “todos os días e todas as noites, para sempre”. Dispuxeron tamén que o sobrevivente herdaría os bens do outro. A súa unión tiña, daquela, os mesmos efectos xurídicos, domésticos e afectivos que un matrimonio heterosexual da época.

O caso foi estudado polo miúdo polo profesor Carlos Callón no seu libro Vidas e historias LGBT da Idade Media (Xerais, 2025, xa na segunda edición), onde destaca a relevancia deste documento non só como curiosidade histórica, senón como proba da diversidade de modelos homoafectivos existentes ao longo do tempo, mesmo en contextos que se imaxinan como singularmente hostís como a Idade Media. O autor chama a atención para a necesidade de “lembrarmos e reivindicarmos esta historia, e dármoslle o lugar que merece na nosa memoria colectiva; recuperarmos as existencia de Pedro e Munio é un acto de verdade histórica mais, tamén, unha ferramenta para construírmos un presente máis xusto, en especial nestes momentos en que a intolerancia gaña de novo peso e forza no mundo todo”.

Este episodio tamén foi recuperado no documentario Maridos e sodomitas, producido pola Deputación da Coruña en colaboración con Nós Televisión.

Así mesmo, inspirou unha camisola conmemorativa creada pola marca Acontravento, como forma de visibilizar este ángulo escurecido da historia.

Carlos Callón, á esquerda, na presentación da camisola conmemorativa na Libraría Couceiro de Santiago

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...