Bertamiráns acolle este venres o IV Encontro de Escolas de Música, coa participación de bandas de Ames, Muros e Caldas

25 Abril 2025

Este venres 25 de abril a praza de Chavián, en Bertamiráns acollerá a cuarta edición no Encontro das Escolas Municipais de Música, un evento organizado pola EMMA no que se pretende crear un espazo no que compartir a paixón pola música e aprender entre o alumnado das diferentes escolas. O acto leva por nome Música na praza, e nel reuniranse arredor de 100 alumnos/as da Escola Municipal de Ames, Muros e Caldas de Reis.

O concerto dará comezo ás 19.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. O grupo que abrirá o encontro será a agrupación de violín Xóvenes águilas Aga Mainska da EMMA, que interpretará Secrets. De seguido, haberá unha actuación de solo a piano na que se tocará a peza Epiphany.

Tralas primeiras actuacións por parte do alumnado da escola amesá, será a quenda das escolas convidadas. En primeiro lugar, actuará a agrupación de guitarras de Caldas de Reis e, a continuación, actuará o combo infantil de Muros, que interpretarán un mix de diferentes cancións, incluíndo un tema propio.

O encontro seguirá coa actuación do gañador do certame Quero Cantar na categoría infantil, Gael. Tamén estarán presentes as gañadoras amesás deste certame na categoría xuvenil, Emma e Candela, ámbalas dúas alumnas da EMMA.

Xa na recta final do concerto, o combo xuvenil da EMMA interpretará un mix de cancións, nas que soarán temas coñecidos por todo o mundo como Física o química ou Sweet Child O’Mine.

A penúltima agrupación en actuar será o combo de adultos da Escola de Muros e, pechando o concerto, o combo de adultos da EMMA Extrema función interpretará un mix de diferentes temas.

“Trátase dunha xuntanza das escolas de música de Ames, Caldas de Reis e Muros, unha iniciativa para compartir vivencias e coñocer rapazada cos mesmos intereses, presenciando e escoitando as súas actuacións”, comentou Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.