“Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista” – Xosé González Martínez

08 Abril 2025

Na historia da literatura galega os gaiteiros foron personaxes socorridos nas plumas dos mellores escritores que tivo Galicia. Lembremos a Perfecto Feijó, que amais de ser boticario en Pontevedra, foi tamén un afamado gaiteiro que recuperou a nosa tradición musical e dignificou o vestiario dos grupos folclóricos. Gaiteiro famoso foi tamén o de Penalta, en terras de Celanova, Manuel Castro Gonzalez, que Curros Enriquez inmotalizou, e que foi mestre de Faustino Santalices, recuperador da zanfona. Outro gaiteiro célebre foi Xan Mïguez, “O Ventosela”, que actuou en terras de alén mar.

Sen dúbida, o gaiteiro máis ideolóxico foi o creado pola imaxinación literaria do Rexistrador da Propiedade e escritor pontevedrés Xoán Manuel Pintos. A el débeselle o primeiro libro escrito en galego en 1853 titulado “A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega,e aínda máis”. Un libro que tamén é coñecido por un título máis breve, “Foliada do gaiteiro”.Todos eles contribuiron a dignificar a nosa música tradicional pero tamén a nosa identidade cultural.

Gaiteiro senlleiro de moita sona foi Avelino Cachafeiro, que traspasou as nosas fronteiras que levou a nosa música aos paises do continente americano. Castelao e máis el forxaron unha sólida amizade. Del fixo louvanzas xustas e moi acaídas que permanecerán para sempre na memoria de Galicia. Avelino Cachafeiro foi un mito en vida; contribuíu a dignificar a nosa música tradicional e a avivar o orgullo de pertenza a un país con lingua e cultura de seu.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que vén convocando con moita frecuencia en moitas parroquias de Galicia o denominado Día da Restauración da Memoria Lingúística, institucionalizado para inmortalizar a memoria colectiva no idioma que falaron en vida as súas xentes, insírese no espírito poético de Ramón Cabanillas evocado no seu poema “Galicia”: “¡Galicia! Nai e Señora, / sempre garimosa e forte; / preto e lonxe; onte, agora, / mañá e sempre, na vida e na morte!”.

Son moi poucas as lápidas con epitafios en galego nos cemiterios galegos. Este feito evidencia unha anomalía impropia dun pais no que a inmensa maioría da súa poboación utilizou en vida unicamente a lingua galega. Xa que logo, a celebración destes actos teñen un carácter pedagóxico de obrigada repetición.

O próximo sábado, día 12, ás 17:00 horas celebraremos nas instalacións do Colexio Público de Soutelo de Montes o Día da Restauración da Memoria Lingüística, un acto aberto a cantos queiran acudir para enxalzar unha vez máis a memoria do emblemático gaiteiro de Soutelo, no que participarán os seus biógrafos e grupos de música tradicional. A seguir, no cemiterio, procederemos a substituir a vella lápida do nicho onde descansan os restos de Avelino Cachafeiro, por outra de deseño máis estético, ilustrada cunha caricatura que lle fixera Castelao, con esta lenda “Aqui xace Avelino Cachafeiro, o universal “Gaiteiro de Soutelo” (1899/1972).”

A presenza da lingua galega no cemiterio de Soutelo de Montes é anecdótica. O número de lápidas no noso idioma representa unha porcentaxe numericamente irrelevante no conxunto dos máis de cincocentos e pico de nichos que ali hai. Esa realidade desfigura a forte identidade cultural dos devanceiros que dormen o sono eterno naquel espazo da memoria. Restaurar a súa memoria lingüística de todos eles é tarefa urxente para facelos máis próximos e recoñecibles.

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística quere agradecerlles aos herdeiros de Avelino Cachafeiro a súa predisposición para restaurarmos a memoria lingüística do gaiteiro, e á Secretaría Xeral de Política Lingüística de Galicia e súa colaboración para a celebración deste acto. Agardamos que a veciñanza nos acompañe ese día e poidamos abrir un período novo para que a presenza da lingua galega no camposanto sexa unha norma xeral a partir de entón.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

+

“Eclipsados por magufos” – Lois Alcayde Dans

Xusto despois de que o sol se deixara ver de novo no ceo chegamos á casa e, un chisco antes de preparar a cea —énos este un particular luscofusco caseiro ben agardable, pois a luz azul que entra do patio fai máis acolledora a cociña, a casa permanece nese silencio...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.