Aulas caninas en Boiro para promover a tenencia responsable de mascotas

08 Abril 2025

A asociación Só Lles Falta Falar organiza unha serie de aulas de educación canina no parque da Cachada, en Boiro. Os talleres levarán a cabo os días 23 e 30 de abril, e 7 e 14 de maio, en horario de 19:30 a 21:30, coa colaboración do Centro de Conduta Animal María Sabell.

O curso ten un custo de 100 € por can, aínda que a asociación subvencionará o 25% do prezo total como parte do seu compromiso co fomento da tenencia responsable de animais. Durante as sesións, abordaranse temas clave sobre o comportamento canino, a integración dos cans na sociedade e consellos prácticos para os donos.

Só Lles Falta Falar, fundada en 2008, tamén fomenta a adopción e leva a cabo outras actividades como charlas educativas e visitas escolares para sensibilizar sobre a realidade do abandono de mascotas. A asociación traballa en Galicia e avoga pola implementación de distintivos como o “Disco Verde”, que facilitarían o acceso de cans socializados a espazos públicos. Para máis información ou consultas, os interesados poden contactar ao correo info@sollesfaltafalar.org.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...