Até 400 persoas participaron na segunda Andaina Solidaria BarbanTEA celebrada en Rianxo

18 Abril 2025

O Concello de Rianxo fixo balance da participación acadada na segunda edición da Andaina Solidaria BarbanTEA, convocada os días pasados co obxectivo de colaborar coa asociación inclusiva do mesmo nome e contribuír a concienciar á poboación da necesidade de traballar pola integración das persoas con trastornos de espectro autista. Segundo confirmou o Goberno local, até 400 persoas participaron na camiñada.

O alcalde, Julián Bustelo, fíxolle entrega do diñeiro recadado na andaina á presidenta da asociación da nosa comarca, un total de 2.122,40€.

Foi unha andaina de trazado suave e accesíbel, de cinco quilómetros de percorrido, que discorreu sobre todo polo paseo marítimo rianxeiro e a senda litoral de Taragoña. Celebrouse o pasado 6 de abril, con posibilidade de realizala en clave “presencial” ou colaborar co dorsal 0. O punto de reunión foi na praza da Virxe de Guadalupe de Rianxo.

A andaina formou parte das actividades coas que o Concello celebrou o Día Mundial do Autismo, o 2 de abril. Fíxoo cunha programación especial orientada “a reivindicar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade”. Ademais da andaina do día 6 de abril, durante os días previos leváronse a cabo diferentes actividades formativas e divulgativas orientadas aos clubs deportivos do municipio, entidades asociativas e ao conxunto da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.