As Roteiras Cantareiras comezan a súa xira por Ribeira con gran éxito de público

28 Abril 2025

Esta fin de semana deu comezo en Ribeira o proxecto As Roteiras Cantareiras, unha iniciativa da concellería de Cultura para homenaxear ás cantareiras locais no marco do Día das Letras Galegas, 17 de maio. O primeiro roteiro, celebrado en Palmeira coa participación dos grupos Bailadela e Sete Linguas de Aguiño e Ribeira, foi todo un éxito e contou cunha magnífica acollida por parte do público, segundo confirmou o Concello.


A concelleira de Cultura, Antía Alberte, amosouse moi satisfeita coa resposta da veciñanza: “Foi emocionante ver como a música tradicional e o espírito das cantareiras encheron as rúas e prazas de vida e alegría. A participación da xente foi moi boa e demostra que en Ribeira hai un gran amor pola nosa cultura popular”.

Alberte tamén destacou que “isto é só o comezo dunha primavera chea de música e tradición, na que queremos que todo o municipio viva e
celebre o noso patrimonio oral”.

As Roteiras Cantareiras continuarán percorrendo diferentes parroquias de Ribeira durante as vindeiras semanas, espallando o legado das cantareiras e fortalecendo o vínculo coa nosa tradición e fomentando o uso da lingua galega.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

    “Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

    El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

    “Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

    “El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

    El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...