Arrincan en Rianxo as actividades formativas para persoas maiores do IV Ciclo da USC

03 Abril 2025

Medio cento de persoas do concello de Rianxo participan neste inicio da primavera nunha nova edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia da Universidade de Santiago, un programa que externaliza a formación da USC cara ás persoas maiores dos concellos e que, no caso de Rianxo, ofrece nesta edición 2025 tres seminarios, de dúas sesións cada un, de formación universitaria dirixidos a persoas maiores de 50 anos.

Na xornada deste 2 de abril celebrouse a primeira sesión das programadas, a cal xirou en torno a Os pazos: un microcosmos de antano da man de José Manuel Vázquez Lijó, doutor en Historia e profesor da UDC.

Julio Alcalde, tenente de alcalde do Concello de Rianxo e concelleiro de Cultura, e Esther Olveira, directora do programa do IV Ciclo da USC, deron a benvida ás persoas que participarán na edición deste ano.

Programa de actividades en Rianxo

Mércores 02/04/2025 16:30-18:00h
Os pazos: un microcosmos de antano
José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Xoves 03/04/2025 16:30-18:00h
Especies arbóreas na terra do Barbanza
Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

Venres 04/04/2025 16:30-18:00h
Especies arbóreas na terra do Barbanza
Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

Martes 08/04/2025 16:30-18:00h
Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC

Mércores 09/04/2025 16:30-18:00h
Os pazos: un microcosmos de antano
José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Venres 11/04/2025 16:30-18:00h
Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC

Inscricións e máis información

Para máis detalles ou para formalizar a inscrición, podemos contactar co número de teléfono 981 100 688, por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal, ou acudir presencialmente ao Auditorio. Ademais, tamén é posíbel formalizar a inscrición a través do formulario en liña habilitado.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.