Apertura de inscricións para a Carreira pola Diversidade de Ambar

07 Abril 2025

Este venres 11 de abril abren as inscricións da XI Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar. As persoas interesadas terán ata o 6 de maio para facer a súa inscrición na páxina web de Cronotec.

A Carreira será o domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Despois da proba absoluta, desenvolveranse as probas infantís e tralo remate destas entregaranse os galardóns ás persoas premiadas nas distintas categorías.

A Carreira da Diversidade naceu no 2015. A proba supuxo todo un avance na comarca ao tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia.

Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paraolímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios.

Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes anualidades Ambar contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.

Para aquelas persoas que non poidan participar nalgunha das probas deportivas, está aberta en cronotec.es a posibilidade de colaborar co Dorsal 0 unha cota solidaria sen límite. A recadación obtida será destinada á organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades á vez que se ofrece unha posibilidade de conciliación para as familias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.