“Alguén peta na porta, mais non se identifica” – Antón Luaces

14 Abril 2025

A Xunta apoia sen dúbidas a construción en Palas de Rei da pasteira portuguesa Altri. Así o deu a entender o presidente do Executivo, Alfonso Rueda, cando o venres pasado  argumentaba que existen outros plans industriais que chaman á porta para constatar se a Administración autonómica é “rigorosa e firme  nas súas decisións”.

Que a Xunta apoia ese “plan industrial” non é nada novo. Como tampouco o é que unha importante representación do pobo galego se ten expresado en contra do proxecto, que considera negativo para os intereses de Galicia.

Resulta evidente que o goberno galego non vai dar marcha atrás ao que coida é unha oportunidade empresarial que cumpre cos “rigorosísimos controis ambientais” autonómicos e que, de non  ter gañadas o PP as pasadas eleccións, o de Altri sería “o proxecto estrela” da oposición  (BNG  e PSdeG) . 

Talvez fora así, na opinión do PP, pero non semella que, dado o posicionamento ao respecto da sociedade galega, sumado á experiencia da Celulosa de Pontevedra e o dano causado por esta empresa na ría na que se localiza, nacionalistas e socialistas apoiaran unha industria das características de Altri.

A Xunta non vai variar a súa postura porque, “igual que ao que non cumpre  se lle dí que non, ao que cumpre hai que lle dicir que sí”, manifestou Rueda. 

E será?. 

De ser así, pouco valor outorga o presidente galego ao que un bo número de cidadáns de Galiicia teñen expresado publicamente, nomeadamente no que atinxe aos danos que se prevén na ría de Arousa por mor dos vertidos que o río Ulla trasladará dende Palas ata a desembocadura deste nunha ría que da a vida a milleiros de mariscadores, mexilloeiros e pescadores.

Quen peta na porta da Xunta, verdadeiramente?. 

Outros artigos

“Que parte del no, no entiende Trump” – Manuel Domínguez

Que parte del no, no entiende Donal Trump. La ONU es una organización para la defensa en caso que un país  miembro sea atacado, todos saldrán en defensa a de él, es una defensa mutua. Y EE UU no fue atacado por nadie, Trump hizo un ataque personal, sin permiso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

“Ser de alguén” – Xulio Xiz

A pregunta “de quen ves sendo?” é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro – “Y tú, de quién eres? – os andaluces...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.