Alerta sanitaria: detectada salmonela nun lote de hamburguesas de polo

16 Abril 2025

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) emitiu unha alerta tras detectar a presenza da bacteria salmonela nun lote de hamburguesas de polo da marca Selección DIA. O produto afectado corresponde ao lote 250969, envasado en bandexas de plástico con seis unidades de 90 gramos (540 gramos en total) e cunha data de caducidade do 19 de abril de 2025.

Distribución e medidas tomadas

O lote foi distribuído inicialmente en nove comunidades autónomas: Andalucía, Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Galicia e Madrid. Non obstante, non se descarta que poidan existir redistribucións a outras rexións. A información foi trasladada ás autoridades competentes a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI) para garantir a retirada dos produtos afectados dos puntos de venda.

Recomendacións

As autoridades sanitarias recomendan que as persoas que teñan este produto no seu domicilio se absteñan de consumilo. No caso de que xa fora consumido e se presenten síntomas compatibles coa salmonelosis —como diarrea, vómitos, febre ou dor de cabeza—, aconséllase acudir a un centro de saúde para recibir atención médica.

Este episodio subliña a importancia de manter un control rigoroso na cadea alimentaria para garantir a seguridade dos consumidores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.