Activada para este sábado a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra. Supendida a actividade deportiva

18 Abril 2025

Suspéndese a actividade deportiva federada no mar nos concellos afectados polo fenómeno meteorolóxico adverso

A Xunta vén de activar a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde mañá pola mañá na costa das provincias da Coruña e Pontevedra e prolongarase ata primeiras horas da mañá do domingo por vento do noroeste de forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros, aumentando de maneira temporal a 8 metros mar adentro. Na Mariña lucense o nivel de alerta será amarelo por vento do noroeste de forza 8 e mar combinada do noroeste por ondas de ata 5 metros.

Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende mañá a actividade deportiva federada no mar no litoral da Coruña e Pontevedra a causa da alerta laranxa por fenómeno costeiro, segundo as previsións dos órganos preditores. A limitación rexerá todo o día.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Por outra parte, cómpre engadir que haberá alerta amarela mañá por nevadas na montaña de Ourense debido a acumulación de neve de cinco centímetros en 24 horas por riba dos 1.100 metros. O nivel de aviso será amarelo desde hoxe ata a madrugada do domingo na Coruña, Pontevedra e a Mariña lucense por fortes precipitacións e no noroeste, oeste e suroeste da Coruña e nas Rías Baixas e na zona do Miño de Pontevedra a alerta amarela estará activa durante a xornada de mañá por refachos intensos de vento.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.