Accidente sen feridos no concello de Rianxo

03 Abril 2025

O Parque Provincial de Boiro recibiu este mércores 2 de abril, ás 19:22h, un aviso por accidente de tráfico, con dous vehículos implicados, na autovía AG-11 dirección Ribeira, no concello de Rianxo. De camiño ao lugar, os bombeiros atoparon un coche da policía local e a ambulancia.

Ao chegar ao lugar, aseguraron a zona do accidente, na que dous coches chocaran entre eles e coa mediana, quedando un en dirección contraria e invadindo o outro o carril esquerdo. Os condutores foron atendidos polos servizos sanitarios, aparentemente sen feridas. Un deles indicou que o outro vehículo estaba adiantándolle cando esvarou e bateu coa mediana primeiro e logo con el.

Os bombeiros agardaron a chegada da Garda Civil e dos guindastres para que retiren os vehículos, mantendo a seguridade dos condutores e finalmente axudando ao persoal de mantemento na limpeza da estrada. Rematouse o servizo ás 20:28 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.