A Xunta e o Concello de Lousame reforzan a súa colaboración en favor do rural do municipio

21 Abril 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, na que tamén participou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. O encontro serviu para avaliar e reforzar as vías de colaboración entre ambas administracións en ámbitos clave como a xestión forestal, o desenvolvemento rural e a loita contra os incendios forestais.

Durante a reunión, avanzouse no deseño e programación de diversas medidas conxuntas orientadas á prevención de incendios, cun enfoque especial na mellora da xestión da biomasa nas faixas secundarias próximas ás vivendas. Ademais, abordáronse iniciativas dirixidas a promover unha xestión forestal activa, que permita poñer en valor os recursos naturais da contorna e garantir unha maior protección do territorio fronte ao lume.

Este encontro enmárcase na vontade da Xunta de Galicia de reforzar a colaboración cos concellos do rural galego, impulsando actuacións coordinadas que favorezan a seguridade, a sustentabilidade e o desenvolvemento dos seus espazos naturais.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.