“A Unión Europea, sen bicar o cu de Trump, apraza 90 días os seus aranceis a USA” – Antón Luaces

10 Abril 2025

Donald Trump chuleouse esta semana de que preto de 70 paìses de todo o mundo estaban a chamalo para negociar coas súas administracións a retirada dos aranceis que impuxo e que están a causar unha “sacudida” nos mercados internacionais.

Segundo Trump “moitos países nos teñen estafado, mais agora tócanos a nós”. Porque, engadiu, “os países bícanme o cu, morren por chegar a un acordo”.

É indubidable o grave erro cometido pola administración Trump ao aplicar uns aranceis que China e a UE replicaron anunciando os seus nunha guerra económica na que Estados Unidos non podería gañar ao se converter no exclusivo inimigo do mundo nunha loita dun contra todos. Quixo actuar coma empresario no canto do político afeito ás PALLASADAS ata para expresar unha conexión inexistente cos seus. Trump, amais de non ser un político é un mal humorista, un pallaso de medio pelo que agora precisa gañar unha outra “guerra das duchas” para coidar o seu  “precioso” pelo cenoria.

Trump, evidentemente, non é o presidente que USA necesita e que boa parte da sociedade estadounidense reclama. Non é, nin de lonxe, ese líder carismático que o mundo occidental ten no pensamento.

Donald Trump nen sequera recoñece que non ten graza. Todo nel é falso, como feito con presa por chegar a non sei onde. E as primeiras labazadas chegáronlle de China e a Unión Europea en forma de aranceis recíprocos inesperados na súa contundencia. Foi tal esta que obrigou a Estados Unidos a aplicar unha moratoria aos seus anunciados aranceis, o que lle valeu á presidenta da UE, Ursula von der Leyen, para cualificar de “paso importante para estabilizar a economía global” a decisión de Trump de adiar polo menos tres meses os aranceis recíprocos  de Estados Unidos.

Esta mañá, von der Leyen saudou a decisión de Trump de “pausar” os gravames, o que a presidenta da UE entende coma un paso cara a mitigar o caos provocado ata o de agora. O mercado precisa dunha curta produtividade e non de bicos no fondón cu do presidente norteamericano. E mesmo pode sobrar a guerra das duchas proposta por Trump para coidar o seu “precioso” cabelo após saber que a UE alonga 90 días a posta en marcha dos seus aranceis a USA.

Están a facer un mundo estraño.  Moi estraño.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.