A Unidade Pastoral de Ribeira e o Concello volven estender o programa da Semana Santa a todas as parroquias

08 Abril 2025

A Unidade Pastoral de Ribeira, coa colaboración do Concello, achéganos novamente (este 2025) unha relevante axenda actividades de Semana Santa. A programación arrinca o Domingo de Ramos (13 de abril) coa bendición, procesión e celebración dos ramos na capela do Hospital (ás 10.00 horas) e na Igrexa de Santa Clara (ás 10.30 horas). Media hora máis tarde (ás 11.00 horas) celebrarase a bendición, procesión e misa de ramos en Oleiros, Aguiño e Corrubedo. Ás 12.00 será a quenda de Santa Uxía (Ribeira) e ás 12.30 de Artes e de Olveira.

A axenda de actividades foi compartida este martes 8 de abril por Alfonso Mera, Sidonio José Alves de Sousa e Sylvestre Marcel, sacerdotes da UPA de Ribeira, e, polo concelleiro Francisco Suárez-Puerta.

O párroco de Ribeira, Alfonso Mera introduciu o acto presentando o cartel, “que este ano fala un pouco do día de hoxe” e engadiu, “a Semana Santa non é algo para recordar senón que facemos memoria e vivimos en primeira persoa”. O cartel mostra unha foto cun cravo mergullándose nos pés de Xesús, e por outra banda vense imaxes de conflitos bélicos actuais, e rematou: “Descubrimos a Cristo crucificado, ao Cristo sufrinte nos rostros de hoxe”.

O Luns, Martes e Mércores Santo realizaranse visitas a persoas maiores e doentes, coa colaboración das familias. A celebración penitencial celebrarase coa seguinte axenda: o luns ás 18.00 horas en Corrubedo e ás 19.00 en Olveira; o martes ás 18.00 en Oleiros e ás 19.00 en Artes; e o mércores ás 18.00 horas en Aguiño e ás 19.00 en Ribeira.

O Xoves Santo (17 de abril) inclúe importantes actividades en Santa Uxía e noutras parroquias. Así, a Celebración da Santa Cea celebrarase ás 17.00 horas en Corrubedo, Oleiros e Aguiño; ás 18.30 horas en Olveira e Artes; e ás 19.30 horas está previsto que se celebre a Celebración da Santa Cea en Santa Uxía de Ribeira para dar paso á procesión do Paso ás 21.00 horas. Ás 22.30 horas será a quenda da Hora Santa.

O Venres Santo organizarase ás 10.00 horas un Vía Crucis dende Sobrido (Oleiros) até o miradoiro da Curota (7 quilómetros). A Celebración da Paixón do Señor terá lugar ás 17.00 horas en Corrubedo, Oleiros e Aguiño, e ás 18.30 horas en Olveira e Artes. Polo que respecta a Ribeira, a celebración do Venres Santo comezará ás 11.30 horas co Sermón do Encontro en Santa Uxía. Ás 19.00 horas será a Celebración da Paixón en Ribeira, acto que precederá o Sermón das Sete Palabras e o Desencravo (ás 20.00 horas) e á Procesión do Santo Enterro (ás 21.00 horas).

O Sábado Santo (19 de abril) celebrarase ás 22.00 horas a Vixilia Pascual conxunta da Unidade Pastoral de Ribeira, no templo parroquial de Santa Uxía.

O Domingo de Resurrección (20 de abril) haberá Misas de Pascua no Hospital do Barbanza (ás 10.00 horas), en Santa Clara, Oleiros, Corrubedo e Aguiño (ás 11.00 horas), e en Artes, Olveira e Ribeira (ás 12.00 horas).

A maiores, a Unidade Pastoral de Ribeira pon o foco na mocidade a través da Semana Santa Xuvenil, unha “celebración que nos prepara para vivir con alegría a Pascua do Señor”. onde as mozas e mozos participantes terán a oportunidade de “descubrir o rostro de Deus nos crucificados actuais”. O programa inclúe charlas, peregrinacións, saídas e outras actividades. As inscricións poden formalizarse a través do 981 87 11 88 e da conta de correo upariveira@gmail.com. Esta actividade laica, consensuada coa UPA, foi dada a coñecer polo concelleiro Francisco Suárez-Puerta, que sinalou que coa intención de dinamizar as rúas de Ribeira durante o sábado 19 de abril “celebrarase por primeira vez en Ribeira a actuación de 10 grupos musicais no mesmo día co nome de Rúas Musicais”. Esta iniciativa conxunta entre a Concellería de Turismo máis a participación de 16 locais de hostalería “encherá Ribeira da mellor música en directo con grupos como The Lacazáns, Human Band, Riverside Dukes, entre outros”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...