A Sin-Son 10k, proba mellor valorada entre as 35 carreiras que integran o XI circuíto da Deputación da Coruña

24 Abril 2025

A carreira Sin-Son 10k acadou a máxima puntuación entre as 35 probas elixidas para formar parte do XI circuíto de carreiras da Deputación da Coruña deste ano 2025. A proba sonense obtivo un total de 301,50 puntos tras a baremación do ente provincial das solicitudes presentadas pola Federación Galega Atletismo. O podio complétano a 10K Carballo 2025.XII Carreira Popular Concello de Carballo (232,00 puntos) e a 44 edición Carreira Internacional de Negreira “A Clásica” (193,00 puntos).

Máis de 1.500 persoas corredoras

Segundo lembra o Concello de Porto do Son, na súa pasada edición, a Sin-Son 10k 2024 pechouse “sendo todo un éxito”, xa que a organización tivo que volver pendurar o cartel de completo e na que Adrián Ben e Edymar Brea alzáronse coa vitoria, na categoría masculina e feminina, respectivamente. 

A proba celebrada o pasado decembro, baixo o lema Corremos mirando ao mar, acolleu a máis de 1.500 corredores/as e onde o padriño da cita foi o propio Adrián Ben, campión europeo de atletismo en pista cuberta e diploma olímpico, que foi ademais o atleta triunfador da proba ao cruzar a liña de meta en primeiro lugar parando o crono en 29:37’.

A Sin-Son 10k, como proba xa consolidada, conta cun elenco de atletas invitados que participaron en anteriores edicións entre os que figuran nomes tan ilustres como Martín Fiz; Solange Pereira; Chema Martínez; Esther Navarrete ou Iván Raña.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “a Sin-Son non só é un evento deportivo. É unha cita cultural, gastronómica e dinamizadora que evoluciona cada ano. Estamos moi contentos e orgullosos de poder ter na nosa vila esta proba que é un auténtico referente para todo tipo de corredores e un gran escaparate para Porto do Son”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.