A Policía Local de Ribeira realizará controis de velocidade en zonas escolares e estradas con excesos reiterados

07 Abril 2025

A Policía Local de Ribeira levará a cabo ao longo desta semana unha campaña especial de control de velocidade que volverá estar centrada nas contornas escolares e nas estradas do municipio onde se rexistran decote velocidades excesivas. Esta acción responde ás demandas da veciñanza e da comunidade educativa, que veñen reclamando medidas para mellorar a seguridade viaria nestas áreas.

Durante estes días, os axentes realizarán controis específicos en puntos sensibles como colexios, institutos e rúas con alta densidade de tráfico, co obxectivo de previr accidentes, evitar atropelos e garantir traxectos seguros para a rapazada.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, subliñou que xa se fixo unha en setembro tras escoitar ás comunidades escolares e a veciños e veciñas de diversas zonas que advertiron sobre a perigosidade dalgunhas estradas. “Actuaremos especialmente onde se detectan condutas reincidentes de exceso de velocidade para frear comportamentos perigosos e reforzar a protección dos peóns, porque o obxectivo é salvar vidas”.

Desde o Concello faise un chamamento “á colaboración cidadá e á responsabilidade no cumprimento das normas de circulación”. A seguridade viaria, engaden dende o Consistorio, “é unha tarefa colectiva, e esta campaña busca fomentar a concienciación para ter unha cidade segura e sen accidentes”.

O rexedor tamén informou de que seguirán avaliando as necesidades do
municipio para aplicar novas medidas de calmado de tráfico como as xa implantadas con pasos de peóns elevados, co reforzo da sinalización e pintura
viaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.