A Policía Local de Ribeira interceptou un ciclista circulando baixo os efectos do alcol na madrugada do sábado e o domingo

07 Abril 2025

Na madrugada do pasado sábado 5 ao domingo 6, axentes de garda da Policía Local de Ribeira someteron ás probas de alcolemia ao condutor que circulaba polas rúas de Santa Uxía en bicicleta. Tras arroxar un resultado de 0.84 mg por litro de aire expirado, o ciclista nocturno foi denunciado en vía administrativa cunha sanción de 1.000 euros, séndolle a bicicleta retirada ata que non cesaron as causas da súa inmobilización.

Con motivo desta denuncia, os axentes lembraron que as taxas de alcol “non só poden afectar aos condutores de vehículos a motor e ciclomotores na vía penal, senón tamén aos condutores como neste caso de bicicletas, na vía administrativa”. Engadiron que, a maiores, os peóns tamén teñen a obriga de someterse ás probas en determinados supostos, como nas infraccións ás normas de circulación ou nos accidentes de tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...