A Policía Local caza a un motorista sen puntos, con positivo en drogas e sen a ITV pasada

29 Abril 2025

Na mañá do pasado mércores 23 de abril axentes da Policía Local de Ribeira instruíron dilixencias ao Xulgado de garda por un suposto delito contra a seguridade viaria a unha persoa por conducir tras perder tódolos puntos do seu permiso, xunto coa tramitación dunha denuncia administrativa por dar positivo este mesmo condutor no test de drogas. Ademais, os axentes sinalaron que o ciclomotor que conducía esta persoa carecía de seguro obrigatorio e Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en vigor, motivo polo que se tramitaron dúas denuncias administrativas. Por todos estes motivos, a Policía Local procedeu á inmobilización preventiva do vehículo no lugar. Esta intervención foi realizada de xeito conxunto ca Policía Nacional, dentro da colaboración recíproca que ambos Corpos prestamos na protección da seguridade no Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...