A Pobra remará por segunda fin de semana consecutiva no Segundo Campionato Provincial de Bateis da Provincia da Coruña

07 Abril 2025

A Pobra do Caramiñal continúa consolidándose como referente no mundo do remo, acollendo novas competicións destacadas. Logo de celebrar a VI Bandeira de Bateis e a Final de finais da Liga Galega de Bateis, o municipio coruñés será, novamente, punto de encontro para os afeccionados a este deporte.

“Agardamos para esta competición preto de 600 rapaces e rapazas e máis de doce clubs”, afirmaba Emilio Dieste, Presidente do Club de Remo, destacando que “A Pobra do Caramiñal ofrece un marco ideal para o desenvolvemento das competicións de bateis, como se está a demostrar estas semanas”.

O Vicepresidente da Federación Galega de Remo, Gustavo Vázquez, tamén quixo salientar o papel do Club de Remo Puebla, describindo o seu traballo como “invalorable”. “Sempre teñen a man tendida e ganas de traballar para sacar adiante este tipo de competicións”, engadiu, recoñecendo o seu compromiso.

Pola súa banda, Eloy Sobrido, concelleiro de Facenda, Deporte e Xuventude, destacou a importancia de eventos coma este: “Para nós é un pracer e unha obriga continuar apoiando aos nosos clubs locais, que colocan á Pobra do Caramiñal no mapa e teñen un impacto positivo no noso concello”.

As regatas, que abranguerán categorías desde alevín ata absoluta, inclúen probas clasificatorias para o Campionato Galego, engadindo máis emoción a este evento que reafirma á Pobra do Caramiñal como un dos escenarios privilexiados do remo galego.

Outros artigos

Recuperada unha motocicleta roubada en Noia

Os axentes da Policía Local de Noia están a informar da recuperación dunha motocicleta que fora subtraída esta mesma semana: unha Vespa clásica de cor gris, do ano 1960 e recentemente restaurada, polo que tiña un gran valor para os seus propietarios. O vehículo foi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.