“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

17 Abril 2025

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivía
súa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,
lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,
igual que o ano pasado, coa súa cara triste, a cabeza gacha e o corpo vestido cunha saia
cinguida, máis ou menos longa; camisa e chaqueta negras. Non se movía e non descasaba, a
súa procesión ía por dentro, por onde andan as interioridades inconfesables.
Aquela parede coa pedra morna escoitaba o falar silencioso da moza. A pedra e ela calaban,
non sabían para onde ía tanta xente, con tanto apuro, con tanta présa e tanto barullo,
barullando. Entraban ou saían dos bares ou das igrexas, cantaban ao son da música fermosa
e falaban uns cos outros, recorrendo a cidade paso a paso e seguindo, cando toca, a ese
paso ou grupo escultórico que representa a “algún dos sucesos da Paixón de Cristo”.
A Semana Santa é relixiosa, cultural e turística. Ten as raíces enterradas na terra e na alma
de moita xente, é como un aglaio e alarde de espiritualidade, de arte e de negocio, onde o
simbolismo e a identidade popular xogan un papel de importancia grande para a súa
singularidade.
Turismo de Galicia aproveita a ocasión para dar pulo a estes festexos e destaca o feito de
que a Semana Santa de Viveiro e a Semana Santa de Ferrol acadaron cada unha delas a
distinción de Festa de Interese Turístico Internacional. Aí está o mundo valorando unhas
tradicións que a veciñanza aprecia e coida, cada ano e cada día.
Pero non esqueza, vostede, lector ou lectora deste xornal, que Galicia conta con outras
destas Festas de Interese Turístico: a Festa do Santísimo Cristo de Fisterra, a Semana Santa
de Cangas, a Semana Santa de Paradela (Meis), a Semana Santa de Betanzos, a Semana
Santa de Mondoñedo, a Semana Santa de Santiago de Compostela, e a Semana Santa de
Lugo. E moitos outros lugares programan e fan procesións que recorren orgullosas as
prazas, as esquinas e as rúas cara ás súas igrexas.
A moza vestida de negro sente como “camiñan ao meu rente moitos homes / Non os
coñezo. Sonme estranos”. “Coma un irmau che falo”, di a Tía Manuela, e “aínda que sexa
neste tempo, con choiva ou sen ela, con algarada ou calada, a ruada é a nosa e a vosa
ruada”.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.