“A Galicia rural” – José Luis Calo

07 Abril 2025

Cando falamos da Galicia baleira paréceme case unha ofensa, porque non é certo que estea baleira, está falta de servizos. Iso que chamamos Galicia baleira é unha Galicia que está chea de vida e chea de natureza, e os que somos baleiros somos nós, os que vivimos nas cidades, e os nosos gobernantes faltos de iniciativas, que esquecémonos destes sitios onde existe unha gran calidade de vida. En Galicia hai casi 2.000 aldeas completamente baleiras. Quizás o problema da mobilidade é unha das causas que máis dificultan vivir nun entorno rural. Como exemplo, un autobús sae ás sete da mañá e outro retorna ás sete da noite, pagar un taxi ou depender dos favores que poida ofrecer a veciñanza, acaban por completar as opcións para desprazarse. Por non falar da xente que ten que estudar ou traballar, require dun esforzo extra, en moitos casos, para a xuventude vivir nunha zona rural significa abandonar desexos para enfocarse de metas máis alcanzables, isto coloca en desvantaxe e precariza a vida no rural.

Podemos dicir que a falta de servizos básicos, é o que nos leva a obstáculos de medrar no rural. Os programas para o desenvolvemento do medio rural que están en marcha dende hai anos pola Xunta de Galicia non chegan a calar na mocidade, por iso a mocidade segue na práctica medrando lonxe e aprendendo que a vida está fora da aldea, na cidade. O problema é
que todo o diñeiro que vén de Europa vaise para as urbes, e iso lastra aínda máis a pobos e aldeas porque a xente vaise onde hai traballo e riqueza. O baleirado dunha zona é algo previsible, porque non se tomaron medidas. Queda moito por facer para igualarse en servizos e infraestruturas coas cidades pero o medio rural ten moito partido aínda por xogar. Para iso hai que darlles facilidades, eliminar a burocracia e as malas comunicacións. Non pode aplicarse a mesma normativa e os mesmos impostos para unha aldea de Galicia que para unha cidade. Outro antídoto contra o despoboamento é o teletraballo, esa fórmula só pode funcionar se hai vivenda e boas comunicacións telemáticas. «Hai que tentar darlle unha volta a todo isto, á fin e ao cabo hoxe en día o pobo é como unha cidade».

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...