A Deputación presenta a súa programación anual para a celebración das Letras Galegas 2025 (con citas en Ribeira, Noia e Dodro)

30 Abril 2025

A Deputación da Coruña presentou no Palco da Música todas as actividades que levará a cabo con motivo das Letras Galegas 2025, adicadas ás cantareiras e á poesía popular oral. As deputadas de lingua, Soledad Agra, e de cultura, Natividade González, foron as encargadas de explicar a programación, acompañadas de representantes de algunhas das actividades que a conforman: Xabier Díaz; Donaire; Xacarandaina; Zavala; Maos; Cantometrics; AELG e o documental ‘Lévame a idea’. Segundo fixeron saber, a axenda chegará a dúas ducias de concellos da provincia, con actividades en múltiples formatos. Haberá sesións en Ribeira, Noia e Dodro.

A deputada de lingua, Soledad Agra, lembrou que “este ano, temos o gusto de adicarlle o día das Letras á poesía popular oral, a un grupo de mulleres cantareiras que recolleron a nosa tradición oral, que representa a idiosincrasia do noso país, e a foron transmitindo”. Neste sentido, explicou que na Deputación “temos unha programación moi extensa que imos desenvolver en moitos concellos da provincia, porque ese é o compromiso desta institución”.

A deputada de cultura, Natividade González, salientou o obxectivo de “desenvolver actividades culturais por toda a provincia, descentralizándoas para que cheguen ao máximo número de veciñas e veciños”, facendo fincapé en que se trata “dun programa anual, xa que para nós as Letras Galegas son os 365 días do ano”.

Un programa anual

A programación chegará a máis de 25 concellos da provincia, e inclúe concertos, teatro, contacontos, proxeccións, presentacións literarias, adquisición de libros, xornadas, edicións especiais e publicacións.

· 3 grandes concertos temáticos:

Efémeras de Cantometrics (maio) en Noia, Carballo e Ortigueira

Zavala + Atalaias de Caión (outono)

25 aniversario de Donaire (outono) en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira

· 10 proxeccións previstas do documental Lévame a idea

· 2 funcións teatrais escolares con Tanxarina + A biblioteca galáctica contra a IA fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños

· 4 concertos das Pandereteiras de Xancarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo

· 5 concertos de Donaire.

· 4 presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989–2011, de Xabier Díaz en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo

· 3 concellos acollerán a presentación do Manual de Boas Prácticas.

· 3 obras literarias adquiridas e distribuídas en bibliotecas públicas:

Pandeireteiras de Mens

Cancioneiro galego serodio 1989–2011

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

· 11 obradoiros de escrita para o alumnado de primaria e secundaria de diferentes centros da provincia

· Contacontos ilustrados e musicados da obra Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas para nenos e nenas de infantil e primaria

Todos os artistas e representantes das diferentes actividades que forman parte do programa das Letras Galegas que participaron na presentación destacaron o seu “agradecemento” á Deputación “por xerar espazos como este, de encontro, de celebración da cultura e de aturuxo en tantos concellos da provincia, e non só nas cidades”. Ademais, cada un explicou o seu proxecto e en que consiste a actividade que vai protagonizar. Foi o caso dos músicos Xabier Díaz, Cantometrics. Pola súa banda, a deseñadora de Maos, Xiana Iglesias, tamén explicou os detalles do cartel, que “fai un recoñecemento a toda a poesía popular oral, representando as mulleres como transmisoras de todo o legado poético, o contexto no que se crea a poesía e o patrimonio oral, eses espazos de colectividade, e o papel das persoas que estudaron e que facilitaron a transmisión. Buscamos conceptos e mesturámolos como se fose unha sorte de caderno de campo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.