A Deputación financia a compra de vehículos a ADISBISMUR e A Creba

11 Abril 2025

A Deputación da Coruña financiou a compra de dez vehículos a entidades sen ánimo de lucro da provincia para a mellora da prestación de servizos sociais. O Boletín Oficial da Provincia publicou este xoves 10 de abril a concesión definitiva deste programa de subvencións ao que a institución provincial destina un total de 373.168,07 euros.

A finalidade deste programa é “o apoio a agrupacións privadas sen ánimo de lucro e con sede na provincia da Coruña que presten servizos a persoas con algún tipo de diversidade funcional, con trastornos aditivos, maiores ou persoas en risco de exclusión social”.

Deste xeito, a Deputación concedeu importes que van desde os 18.842,45 euros ata os 50.000 en función do coeficiente obtido, baseado nun réxime de concorrencia competitiva e a través dos criterios obxectivos, ata un máximo do 80% do orzamento.

A entidade provincial facilita a adquisición de furgóns de carga, furgonetas de transporte ou furgonetas de transporte adaptadas a cadeiras de rodas. Así, o obxectivo é facilitar tanto o transporte de persoas a través de vehículos adaptados ou non adaptados como o de mercancías para o reparto de alimentos, roupa ou outros elementos de primeira necesidade.

Entre as entidades que obtiveron estas achegas atópanse dúas do Barbanza e a súa contorna: a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) ou a Asociación Saúde Mental A Creba.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, apuntou que este programa é “unha axuda moi demandada polas propias entidades sociais, que apoia o labor diario das mesmas” e incidiu en que estes vehículos “axudarán a mellorar a vida de centos de persoas, a maior parte delas con discapacidade, que acoden a diario a centros de día, de tratamento e rehabilitación ou ocupacionais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.