A Deputación atenderá a petición do PSOE de Lousame para ampliar e mellorar a estrada DP-4201

03 Abril 2025

A Deputación da Coruña confirmou que vai atender a petición dos socialistas de Lousame de levar a cabo obras de ampliación e mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP 4201.  

As obras, segundo explicaron os socialistas do concello, permitirán incrementar o ancho da estrada, renovar o firme deteriorado e construír varios treitos de sendas para garantir a seguridade dos peóns nunha vía que conecta Boca do Souto, A Chave e Aldea Grande, tres núcleos rurais do municipio, que actualmente carecen de beiravías peonís.  

Así o confirmou o portavoz do Grupo Socialista na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, que este 3 de abril visitou a zona acompañado do portavoz do PSOE de Lousame, Juan José Pego Ces, onde comprobou in situ a necesidade desta actuación.  

“Trátase dunha obra que vai supor un investimento importante, polo que teremos que acometela por fases, pero o noso compromiso é levala a cabo, tal e como nos demanda o PSOE de Lousame e a veciñanza, porque se trata dunha actuación fundamental para garantir a seguridade viaria e dos veciños que circulan a pé nas marxes desta estrada, que conecta tres importantes núcleos do municipio”, afirmou Bernardo Fernández.   

O portavoz provincial dos socialistas explicou que “parece ser que o Concello de Lousame xa ten un proxecto redactado, pero que aínda non foi presentado na Deputación, polo que imos pedir que este proxecto sexa actualizado e redefinido, tanto en prezo como a nivel técnico, porque entendemos que dado o ancho da vía nalgúns puntos non serían necesarias expropiacións”, apuntou.   

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...