A Casa de Cultura de Noia acolle unha exposición fotográfica de Toño Villar

30 Abril 2025

A Casa de Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, inauguraba o pasado luns 28 de abril a exposición fotográfica O artesán, as mans sabias, do fotógrafo natural de Noia, Toño Villar.

No acto estiveron presentes, ademais do autor, a Técnica de Cultura do Concello de Noia, Concha Allut, o Concelleiro de Cultura, Pepe Pérez, así como diversos medios gráficos.

Dita exposición consta de 23 láminas fotográficas que reflicten o traballo do luthier de Ames Xosé Tuñas, no que pretende ser unha introspección tanto no facer como no particular microcosmos que adoitan ser este tipo de obradoiros artesanais dos que tan poucos quedan pola nosa contorna, e que tras percorrer os centros culturais de Rois, Ames e Brión, chega por fin a Noia, localidade natal do autor, e polo tanto, de especial predilección para este.

A exposición estará dispoñíbel até o vindeiro día 16 de maio, e posteriormente, comezará un percorrido por distintos Centros Galegos do País Vasco.

A mostra, que recolle o traballo de Xosé Tuñas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte é unha proposta artístico-fotográfica na que o fotógrafo afincado en Bertamiráns, Toño Villar, se adentra no obradoiro de Xosé Tuñas, un artesán que leva vinte anos fabricando instrumentos de percusión personalizados. Por medio das imaxes que compoñen a exposición, Villar documenta o proceso de fabricación artesanal que segue Tuñas para crear pezas únicas, desde os primeiros pasos até o produto final.

Segundo sinala o propio fotógrafo, o obxectivo da mostra “non é tanto amosar o proceso de fabricación, senón integrar ao espectador e espectadora nese ambiente normalmente íntimo, case monocromático e cun certo punto onírico, que acaba envolvendo aos obradoiros dos pequenos artesáns”. Toño Villar tivo que visitar en numerosas ocasións o taller de Xosé Tuñas, co fin de capturar co seu obxectivo distintos momentos do proceso de fabricación e montaxe do material, facendo un traballo en segundo plano e sen interferir nas súas tarefas.

Para rematar, sinalar que as persoas interesadas en coñecer máis detalles sobre a obra de Toño Villar poden contactar con el a través do enderezo electrónico info@tonovillar.es ou a través da súa páxina de Instagram, @tonovillarfotografia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.