A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías para o mes de maio

15 Abril 2025

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías para o mes de maio, dirixidos a avanzar na capacitación dixital da cidadanía e, tamén, a incrementar a súa formación e a súa empregabilidade. As inscricións para participar poden formalizarse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.

Entre o 5 e o 8 de maio, en horario de 10.00 a 12.00 horas, vaise impartir a formación Sistemas de Comunicación; do 12 ao 14 e maio, no mesmo horario, Deseño e Impresión 3D; pola súa banda Retoque de fotografías con GIMP será do 19 ao 22 de maio de 10.00 a 12.00 horas; e, por último, Edición e Montaxe de Vídeo será do 26 ao 29 de maio no mesmo horario.

Todos os cursos son gratuítos e impartiranse na Aula CeMIT do Concello de Boiro situada no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.