A Asociación Cultural Altofalante presenta este venres o libro “Liberdade para o galego”

30 Abril 2025

A Asociación Cultural Altofalante, entidade centrada na dinamización social, cultural e lingüística de Ribeira e a súa contorna, desenvolverá nos días 2 e 3 de maio á s 19:15, no Centro Cultural Lustres Rivas de Santa Uxía, un programa de actividades conmemorativas de cara ao 17 de maio, Días das Letras Galegas.

O venres 2 de maio, contarase coa presenza de Marcos Maceira, actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, quen presentará o libro Liberdade para o galego, no que se aborda polo miúdo a situación actual de emerxencia lingüística na que se atopa a nosa lingua, e como se chegou ata este punto. No libro o autor lanza a seguinte pregunta a xeito de fío temático dun debate xeral: “Podemos realmente vivir en galego as 24 horas do día?”.

O sábado 3 de maio proxectarase o documental Dorothé na Vila; un filme que xira arredor da musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que chegou a Galiza a finais dos anos 70 buscando os cantos antigos que xa desapareceran no centro de Europa. De esta busca, saen as 300 horas de gravación que forman o Cancioneiro Popular Galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...