Xoves 20, a borrasca Martinho alcanza a Galicia con aviso laranxa por ventos de máis de 100 kms/h e olas de 7 metros. Rexistrados 124 qm/h en Lousame

19 Marzo 2025

Esta madrugada rexistraronse refachis de 124 qm/hora en Lousame e 78 qm/hora en Santiago. A Secretaría Xeral para o Deporte suspendeu a actividade deportiva federada no mar nesas áreas da Coruña e Pontevedra

Este xoves, Galicia permanecerá baixo os efectos da borrasca Martinho, situada ao oeste de Fisterra e próxima ao litoral galego. Prevese unha xornada con ceos nos que alternarán nubes e claros, acompañados de chuvascos, que serán máis intensos e frecuentes durante a noite no sur e oeste da Comunidade. Na provincia de Lugo e no norte da Coruña, as precipitacións serán ocasionais, mentres que nos cumios máis elevados poderán producirse nevadas nas últimas horas do día.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso na metade oeste do territorio. Os ventos soprarán con forza dende o sueste, con refachos moi fortes no litoral atlántico e en zonas altas da provincia de Ourense.

O venres continuaremos na influencia das baixas presións. Teremos unha xornada de ceos nubrados e chuvias xeneralizadas. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico; durante a noite irá rolando progresivamente a noroeste,

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste, forza 7 a 8 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 6.5 a 7 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.