Volve este domingo a Feira Outlet de Portosín, con grandes descontos, degustacións gastronómicas e festa para a rapazada

14 Marzo 2025

A Asociación de Empresarios de Portosín (AEP) vai organizar esta fin de semana unha actividade destinada a promover e reivindicar o comercio local ao tempo que se proporcionan a veciños e visitantes importantes oportunidades, promocións e descontos de todo tipo de produtos. Trátase dunha nova edición da Feira Outlet de Portosín, que tamén ten o obxectivo de achegar un extra de dinamización social á vila e ao concello. Segundo explica a AEP, a feira concentrará os establecementos participantes nunha carpa habilitada na praza do Curro, onde se ofrecerán descontos de até o 70%. A cita será este xoves 16 de marzo, durante todo o día e dende a mañá. Por certo que ás 13.30 horas está prevista unha degustación de carne de porco ao espeto e pola tarde, a rapazada terá o seu momento con inchábeis e algodóns de azucre a partir das 17.00 horas. Organiza a AEP en colaboración co Concello de Porto do Son e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.