Vodafone pecha este luns as súas tres tendas no Barbanza

31 Marzo 2025

No 2023 o fondo británico Zegona adquireu o 100% da filial española tras chegar a un acordo co Grupo Vodafone Dentro dos plans de reestructuración do fondo este luns 31 de marzo, pechan 148 tendas da multinacional da comunicación en España. Na nosa comarca deixan de estar operativas as oficinas de Ribeira, Boiro e Noia o que deixa sen atención presencial a varios milleiros de clientes da comarca que terán que operar a través dos servizos de atención ós clientes por teléfono ou internet.

O peche das tendas obrigará á empresa concesionaria a facer un ERE de extinciónq que podería afectar a varias ducias de traballadores na comarca e en toda Galicia.

O Grupo Vodafone permitirá a Zegona usar a marca de Vodafone en España durante 10 anos. Ademais, o acordo vinculante entre ambas as compañías establece que Vodafone prestará determinados servizos a Vodafone España por un custo anual total de aproximadamente 110 millóns de euros.

Tenda de Vodafone en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.