Venres 14, día de transición con nubes e claros con baixa da temperatura

13 Marzo 2025

Este venres, Galicia atoparase nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación de vento do norte-nordés. O tempo estará caracterizado pola alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables no terzo norte da comunidade. A cota de neve situarase arredor dos 800 metros.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, e agárdanse xeadas xeneralizadas nas zonas de interior. Pola súa banda, os ventos soprarán moderados no litoral e máis frouxos no resto de Galicia.

meteogalicia

Sábado: Situación intermedia entre altas e baixas presións, con entrada dunha masa de aire ártica. Os ceos alternarán nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco ocasional, máis probable no extremo norte e en zonas altas. Ocasionalmente eses chuvascos serán en forma de neve, coa cota nos 800 metros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, continuando a xear en zonas de interior. Os ventos soprarán do nordés en xeral, frouxos, con intervalos de moderado no litoral.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.