Vehículo accidentado por saírse da vía no concello de Boiro

31 Marzo 2025

O Parque Provincial de Boiro recibiu este domingo 30 de marzo ás 21:55 h un aviso por un vehículo accidentado cunha persoa ferida na AG-11 sentido Ribeira.

Ao chegar ao punto ás 22:02 h., observaron que se trataba dunha curva pechada con baixa visibilidade e que había restos do vehículo por máis de 300 metros. Sinalizaron a zona do accidente pola súa perigosidade e atoparon á condutora fóra do vehículo. Esta indicou que dera moitas voltas de campá, batendo coas dúas medianas da estrada. A muller tiña dores no peito e foi atendida polo persoal sanitario do 061.

Tras a chegada do persoal de mantemento e da Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela, os bombeiros procederon á limpeza dos restos de aceite na estrada.

Completaron o servizo Policía Local, unha ambulancia do 061 e Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.