“Unha casa en Ribeira para a familia Peleteiro-Compaoré, o máis importante da campioa de Europa de triplo salto?”- Antón Luaces

11 Marzo 2025

Que Ana Peleteiro é unha atleta galega de Ribeira é algo, coido eu, que non descoñece ningunha das persoas interesadas no atletismo e, nomeadamente, na especialidade do triplo salto e na que Peleteiro ven de repetir título. Pero, no meu criterio -que pode ser errado- hai medios de comunicación que semellan estar máis interesados na vertente “rosa” da atleta que na súa faceta de triplista cando, coma é o caso do xornal 20minutos, o seu é a información xeral.

Este luns, o devandito diario de tjraxe nacional ocupábase de Ana Peleteiro para salientar, sobre todo, o feito de que esta constrúe en Ribeira unha casa “sobre un perímetro de 2.000 metros cadrados e cun salón comedor e cociña con dobre altura e unha superficie aproximada de 130 metros cadrados”. Obviamente, é “un novo fogar no que vivir coa súa filla Lúa” e a súa parella e adestrador Benjamín Compaoré.

Pormenoriza a reportaxe detalles “significativos” de Ribeira, “un dos portos pesqueiros máis importantes do país”. E engade que “amais, os seus 27.111 habitantes fan del un dos máis poboados desta provincia galega”, salientando, asimesmo, que Ribeira “conta cun grande patrimonio cultural e etnográfico” o que pode verse mos cruceiros “da capeliña de Deán e O  Castelo, o cruceiro da praza de Teruel e o do Pombal” e que, amais poden atoparse neste municipio “outros monumentos emblemáticos e puntos de interese coma a igrexa de Sata Uxía de Ribera”.

No titular da información: “O pobo de Galicia onde Ana Peleteiro ten a súa nova casa: famoso polo seu importante porto pesqueiro”.  

J.R.M. asina esta información de “20minutos” que calquera pode extraer da Wikipedia onde, por certo, ao facer referencia á importancia do porto pesqueiro ribeirense, a Wikipedia sjnala que o de Ribeira é un “dos portos pesqueiros de baixura máis relevantes da provincia e mesmo de Europa” e que ten o título de cidade, concedido en 1906 polo rei Alfonso XII, cuestión que obvia o/a asinante do traballo xornalístico citado, máis interesado/a na nova casa da atleta ribeirense que nas marcas e medallas por esta acadadas.

E no que atinxe ao “patrimonio cultural e etnográfico” de Ribeira, este é “algo máis” que os catro cruceiros que cita. Non  sería malo que se dera unha volta pola cidade e outra polo resto do municipio opara escribir sobre o “pobo” de Ribeira.

Outros artigos

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

+

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.