Unanimidade no pleno de Lousame para renovar o céspede de Cabanetán e homenaxear a Xosé López Calo

29 Marzo 2025

O Concello de Lousame celebrou unha sesión plenaria ordinaria marcada pola unanimidade, na que se aprobaron todos os puntos da orde do día cos votos favorables dos tres grupos municipais (PP, PSOE e BNG). A única excepción foi a adhesión á Central de Contratación da FEMP, na que o BNG optou por absterse.

Entre os acordos máis destacados figura a decisión de solicitar unha subvención nominativa á Deputación Provincial da Coruña para financiar a renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán. Inicialmente, o PSOE propuxera incluír esta actuación no Plan Adicional 2025, pero, tras un intenso debate, todos os grupos municipais acordaron modificar a moción e optar pola subvención nominativa. O acordo final foi tomado ante a presenza da directiva e simpatizantes do Lesende CF.

Ademais, aprobouse unha moción conxunta para organizar en maio actividades de recoñecemento e homenaxe ao prestixioso musicólogo Xosé López Calo, coñecido como “Pepito do maestro”, con motivo do quinto aniversario do seu pasamento. López Calo, natural de Nebra (Porto do Son) e residente en Vilacoba (Lousame), foi unha figura destacada na historia da música galega e internacional. A alcaldesa Teresa Villaverde destacou o seu legado excepcional e anunciou unha serie de accións para manter viva a súa memoria para futuras xeracións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.