Un total de 21 mozos e mozas participan no curso de monitor/a de ocio e tempo libre organizado polo Concello de Lousame

25 Marzo 2025

Un total de 21 mozos e mozas participa durante as fins de semanas de marzo e abril nun curso de monitor/a de ocio e tempo libre homologado pola Xunta de Galicia e organizado polo Concello de Lousame. Un curso que ten unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas (105 horas presenciais e outras 95 horas enliña) e 150 prácticas.

A concelleira de Cultura e Xuventude, Silvia Agrafojo, visitou este sábado 22 de marzo á rapazada, a quen felicitou polo esforzo que supón asistir a un curso que se imparte de forma intensiva en horario de fin de semana: sábados (mañá e tarde) e domingo (mañá) e agradeceu o traballo levado a cabo polo técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, na organización desta actividade formativa.

Agrafojo Filgueira puxo en valor “o feito de que a gran maioría dos participantes sexan mozos e mozas que participan no voluntariado xuvenil de Lousame, pois demostra que non so lles gustou a experiencia senón que ven o potencial de inserción laboral que existe neste sector”.

De feito, o curso está sendo eminentemente práctico, onde o profesorado emprega diferentes dinámicas participativas para que o alumnado aprenda a organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre tanto no medio urbano como na natureza. Así, na sesión desta fin de semana capacitáronse en técnicas para solucionar conflito e como elaborar pintacaras, dende as técnicas utilizadas ata que tipo de materiais empregar.

Futuro laboral

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame e está sendo impartido por FESAN, Escola de Tempo Libre. Ao rematar a formación, os mozos e mozas recibirán un título homologado de monitor/a de ocio e tempo libre que os capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais.

Un monitor/a de ocio e tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á infancia, en empresas de ocio e tempo libre, etc.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.