Últimas prazas para o curso de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio en Boiro

06 Marzo 2025

O Concello de Boiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles para participar no curso de Atención Sociosanitaria a persoas no Domicilio, unha formación dentro da modalidade de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD). O curso iniciarase o vindeiro 17 de marzo e prolongarase ata o 12 de setembro.

A formación impartirase de maneira presencial no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Trátase dun curso con certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para acceder é necesario contar co título de ESO, un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, cumprir os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio ou superar as probas correspondentes.

O curso é totalmente gratuíto e inclúye a realización de prácticas en empresas. A formación está dirixida prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e cunha situación laboral de non ocupadas. Ademais, todos os cursos formativos inclún un módulo transversal sobre inserción laboral, sensibilización ambiental e igualdade de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da Oficina Virtual de Emprego ou mediante o departamento de Emprego do Concello de Boiro. Tamén poden acudir presencialmente á Oficina de Orientación Laboral, chamar ao teléfono 981 84 26 09 ou enviar un correo electrónico a emprego@boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.