UCIN Galicia critica as moreas de lixo sen retirar na praia de Barraña

03 Marzo 2025

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN Galicia), a través do seu responsábel José Luis Calo, compartiu un comunicado crítico co estado no que se atopan algunhas praias da comarca do Barbanza, concretamente poñen o foco no areal de Barraña, en Boiro, que, segundo denuncia, “atópase nun estado lamentábel”, e engaden que !as adversidades meteorolóxicas que se deron hai días esnaquizaron gran parte do areal e deixado moreas de lixo enriba da area, sen que até o de agora actuara para retiralo o Goberno local”.

Desde UCIN consideran “que non se pode admitir” que o Executivo local “aínda non liquidase a situación, a través das brigadas de limpeza, condenando a un continuo malestar aos cidadáns que fan uso das praias durante todo o ano, ben para fins de lecer ou deportivos”. Engaden que “vemos a necesidade dunha unidade exclusiva destinada á conservación permanente do estado das praias e vaia máis aló na súa política de prevención, conservación e xestión das mesmas”. José Luis Calo apunta tamén que “non podemos vender Boiro como pobo turístico cando un dos nosos maiores atractivos, como son as praias, atópanse nun penoso estado”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.