UCIN Galicia acusa á Xunta de “falta de transparencia” nos seus grandes proxectos eólicos

18 Marzo 2025

UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, compartiu un comunicado sobre os grandes proxectos eólicos da Xunta de Galicia aos que os acusa de falta de transparencia, “xa que a maioría destas áreas enerxéticas están previstas en zonas de enorme riqueza natural, histórica, paisaxista e
arqueolóxica”, proxectos nos que están inmersos o Executivo galego ou o Ministerio para a Transición Ecolóxica, “organismos que reman a favor dos beneficios das compañías eléctricas”, sinala a agrupación.

O grupo lembra que o Tribunal Supremo avalou as suspensións cautelares do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de dous parques eólicos. Un deles é o de Troitomil, entre os municipios coruñeses de Negreira e A Baña; o outro, o de Ventumelo, entre as provincias de Ourense e Lugo. En senllas providencias, UCIN lembra que “o Tribunal non admite a trámite os recursos que presentaran a Xunta e as empresas promotoras contra a suspensión cautelar, decidida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para evitar danos irreversibles se as iniciativas se construían a pesar de que despois de chegase a demostrar algunha presunta ilegalidade”.

José Luis Calo coordinador de UCIN Galicia, denuncia o que cualifica que “industrialización do monte galego” e engade que “estas decisións do Tribunal Superior afectan só a eses dous proxectos, se ben fai pensar que se sostería tamén a suspensión temporal e cautelar de varias decenas máis”.

E engaden: “Dende Unión de Cidadáns Independentes é difícil para nos entender que xa durante os catro anos do Goberno PSOE e BNG na Xunta, foron os que autorizaron máis parques eólicos que en doce anos de goberno Feijóo, agora esixan o que eles fomentaron”. Conclúen que “apoian a presión social que se está levando a cabo e demandamos unha normativa que sexa sometida a un rigoroso proceso de avaliación, que conte coas máximas garantías técnicas, ambientais e xurídicas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.