“Sector e Consellería do Mar consensúan unha parada biolóxica e veda do polbo en augas de Galicia”. Antón Luaces

18 Marzo 2025

Finalmente e como resposta á escaseza de polbo en augas interiores e exteriores de Galicia -o que reduciu de xeito alarmante as capturas deste cefalópodo- a Consellería do Mar e o sector acordaron establecer unha parada biolóxica no mes de abril, seguida dunha veda nos meses de maio e xuño dos anos 2025-2026. 

O acordo contempla o respecto das normas vixentes -peso de cada peza, capturas máximas por tripulantes e embarcación e especies asociadas e horarios de pesca- de campañas anteriores. 

A paralización da actividade estractiva do polbo en abril conta co apoio económico para o sector do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) da UE, que contempla este tipo de axudas á paralización temporal e habilita as mesmas para a conservación e mellora das condicións de vida e traballo das persoas adicadas a esta actividade e de fomento do desenvolvemento sustentable do sector.

As nasas do polbo deben ser recollidas dos caladoiros e trasladadas a porto antes de que, en abril, comece a parada biolóxica subvencionada. 

Para que o acordo acadado este luns sexa efectivo, o mesmo debe ser publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). Por este acordo, durante os meses de abril, maio e xuño

queda absolutamente prohibida a captura do cefalópodo citado para calquera arte de lesca en augas de competencia da comunidade autónoma galega en materia de marisqueo. A prohibición afecta tamén á pesca marítima recreativa e a captura de polbo con calquera outra arte distinta á nasa. 

O acordo entre a Consellería e o sector polbeiro é reclamado por este dende vai varios anos (cando aínda era conselleira Rosa Quintana) sabedores de que a veda do polbo non estaba a ser aplicada axeitadamente, permitindo a captura do cefalópodo cando este estaba en plena época de reprodución. Foron numerosas as queixas neste senso emitidas e a piques estiveron ambas as partes en lle dar unha solución ao problema durante o pasado ano 2024. Cómpre agardar de que o decidido este luns sirva oarfa recuperar a especie, as economías dos polbeiros e reactivar a actividade da lonxa de Ribeira, a máis importante de Europa nas transacións do polbo.

Outros artigos

“Medio século falando de Galicia, en galego” – Antón Luaces

Este  venres, 23 de xaneiro, ás 19,00 horas, unha exposición sobre memoria, cultura e país abrirá un programa de actos cos que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, conmemorará os seus primeiros 50 anos de vida. É este un colectivo de persoas...

+

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

+

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.