Ribeira celebra o Día Internacional do Teatro Infantil e Xuvenil con actividades especiais

20 Marzo 2025

No marco da conmemoración do Día Internacional do Teatro Infantil e Xuvenil, a concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro, visitará esta tarde a Escola Municipal Infantil de Teatro de Ribeira, acompañada polo xestor cultural do concello, Unai González. O encontro terá lugar no auditorio municipal e permitirá coñecer de preto o traballo desenvolvido polo alumnado.

As nenas e nenos participantes, baixo a dirección de Óscar Romero, director do Grupo Municipal de Teatro (GMT), e a axudante de dirección, Carmen Peña, están a preparar unha nova montaxe teatral que será estreada no mes de maio. A representación enmarcarase na Mostra de Teatro Infantil “Daniel Gómez Ramil”, un evento que celebra xa 25 anos de existencia e que constitúe un referente no ámbito teatral infantil en Galicia.

O teatro en Ribeira goza dunha excelente saúde, grazas a iniciativas como a Mostra Infantil, que este ano celebra as súas vodas de prata, a Escola Municipal de Teatro para cativada de 7 a 13 anos ou o propio grupo municipal de teatro afeccionado, que leva as súas funcións por vilas e cidades de todo o país. Ademais, Ribeira é berce de recoñecidos dramaturgos e artistas como Quico Cadaval e Susana Sampedro.

Desde o concello, reivindícase o papel fundamental do teatro como ferramenta educativa e cultural para a infancia e a mocidade.

Longa vida ao teatro e feliz Día Internacional do Teatro Infantil e Xuvenil!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.