Rianxo organiza un servizo de conciliación de Semana Santa

29 Marzo 2025

Rianxo achegará nas vindeiras semanas un servizo de conciliación para as familias traballadoras do termo municipal para que poidan harmonizar a actividade laboral co feito de teren ás crianzas en tempo de lecer. Desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, nos centros escolares de educación primaria (CEIP ADR Castelao, CEIP Ana María Diéguez e CEP Xosé María Brea Segade) e no Centro Cultural A Capela. O horario será de 10:00 a 14:00 h. O servizo vai destinado a nenos e nenas nacidas entre o 2013 e o 2021, ámbolos dous incluídos. As inscricións abriranse o vindeiro luns 31 de maio. Habilitarase un formulario na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.