“Responsabilidades compartidas” – José Manuel Pena

04 Marzo 2025

Ao parecer ninguén discute que a vivenda continúa sendo unha preocupación, no noso país. O problema está na procura de solucións e na demagoxia que se utiliza, en demasiadas ocasións, por parte dalgúns propietarios, grandes propietarios ou grupos inmobiliarios sobre a inseguridade xurídica.

Os primeiros, en sufrir inseguridade xurídica, son os propios cidadáns que desexan subscribir un contrato de arrendamento ou hipotecario. Cando a actual Lei de Vivenda, non se aplica nin se cumpre por parte dalgunhas comunidades autónomas, entre elas a de Galicia, atopámonos coa dificultade en declarar as denominadas “zonas tensionadas” para establecer un tope ao alugueiro, en moitos casos abusivos e que se incrementan sen ningún tipo de control, máis propio da usura e a especulación.

Os propietarios de inmobles destinados ao arrendamento da vivenda habitual de persoas e familias non poden queixarse da inseguridade xurídica porque teñen a garantía e a tranquilidade necesarias, ofrecida pola Xunta de Galicia. A Xunta, concretamente desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo, dispón dunha póliza de seguros pola cal garante a cobranza pola falta de pagamento de rendas así como a cobertura de danos ocasionados no inmoble. Para iso hai que asinar un convenio de colaboración, dentro da legalidade, polo cal a vivenda debe cumprir cos mínimos requisitos de habitabilidade e que o importe da renda sobre o arrendamento sexa acorde aos prezos normais da zona.

A maior responsabilidade, compartida, téñena as diferentes administracións públicas, desde a municipal, provincial, autonómica, central e europea. Todas elas teñen que ser valentes e adoptar medidas contundentes. Para atopar solucións reais á problemática da vivenda haberá que cambiar certas mentalidades e entender a vivenda, non como un negocio senón como un Dereito Fundamental e básico para todos os cidadáns, pola contra será moi difícil dar cumprimento ao artigo 47 da Constitución.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.