Reflotado o pesqueiro que se afundiu no porto de Ribeira

01 Marzo 2025

Investíganse as causas do naufraxio, que non causou vítimas porque non había ninguén dentro do barco

Unha empresa especializada en traballos portuarios conseguiu reflotar o pesqueiro Illas Cíes esta mañá no porto de Ribeira despois dunha hora de operacións. A embarcación, de 10 metros de eslora, afundiuse mentres estaba atracada no seu porto base sen causar vítimas, xa que a bordo non había ninguén.

Mentres se levaban a cabo os traballos de recuperación, efectivos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia despregaron barreiras anticontaminación para conter a vertedura de aceites e combustible. Segundo o xefe de servizo de Gardacostas, as condicións meteorolóxicas favoreceron a contención do hidrocarburo dentro da lámina de auga do porto.

A radiobaliza do barco activouse ás sete da mañá, pero aínda se descoñecen as causas exactas do afundimento. O Patrón Maior de Ribeira, Xosé Antonio Pérez Sieira, sinalou que existen diversas posibilidades, como un problema nunha bomba, unha vía de auga por un macho de fondo ou un golpe contra o peirao polo vento. Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral, indicou que se investiga a posibilidade de que un macho de fondo rompese e inundase o barco, aínda que tamén se achou a porta algo aberta e as luces acendidas, o que xera dúbidas sobre o ocorrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.