“Refacer o mundo”. Luís Celeiro

21 Marzo 2025

Uns oitocentos millóns de persoas en todo o mundo teñen (temos) máis de sesenta e cinco
anos, segundo datos aportados por un concienciudo informe publicado polo departamento
de Asuntos Económicos e Sociais da Organización das Nacións Unidas (ONU). Estes maiores
serán mil seiscentos millóns en vinte e cinco anos. Que lle parece? Os científicos e técnicos
que procuran os datos aconsellan “reformular a protección social a medida que o mundo
ten cada vez máis canas”.
Parece conveniente establecer políticas globais que reforcen os contidos sociais e sanitarios.
Niso están aqueles que entenden que os dereitos e o benestar social axudan a un futuro
sostible. E, aínda que pareza unha evidencia, para envellecer con saúde, cómpren políticas
que garantan a igualdade de oportunidades dende o nacemento.
O envellecemento da poboación non pode ser un obstáculo para o desenvolvemento. Pola
contra debe ser un estímulo para as políticas de equidade e xustiza, nesta sociedade de
obrigada relación entre varias xeracións. É necesario fornecer os bens públicos dos que
depende a humanidade, garantir o acceso universal á sanidade, potenciar a investigación e
poñer os resultados ao servizo da xente; protexer o medio ambiente, coidar a vexetación, o
aire, a auga, a terra e os mares.
Cómpre deixarse de prosmas e andar, para ampliar e mellorar os coñecementos, para que a
educación sexa para todos e de calidade, para ter seguridade alimentaria e vivir nun mundo
en paz, sen guerras e sen armas. Un mundo onde a razón e corazón sexan capaces de
dialogar e establecer mecanismos de cooperación e de irmandade. Será posible? -Será, si
señor!
Se a mocidade, as persoas adultas e maiores xuntan as súas mans e traballan para reducir as
desigualdades económicas, para temperar as ambicións e esquecerse da cobiza e dos carros
de combate, o mundo pode e debe ser doutra maneira. Un mundo como o que quere a Tía
Manuela, “de xustiza e de reparto, no que os ricos fagan transferencias aos pobres” e “no
que vivan todos”, tamén os que nacen en Afganistán, en Sudán do Sur, en Serra Leona, en
Burundi, na República Centroafricana ou en calquera outro dos países moi pobres. Todos
eles deben saber que coas palabras e coas ideas pódese refacer o mundo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.