“Quen manda aquí?”. Luís Celeiro

14 Marzo 2025

Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, Vila
Morena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora,
quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que Pedro
Sánchez Pérez-Castejón, Alberto Núñez Feijóo e, se acaso, Yolanda Díaz Pérez e Santiago
Abascal Conde souberan ler e entenderan os adentros e o falar do presidente da República
Popular China, Xi Jinping; do presidente de Estados Unidos, Donald John Trump, e de
Vladímir Putin, presidente da Federación de Rusia. Se fose así, sería outra cousa.
Sería moi interesante e clarificador escoitalos falar, un a un e con sinceridade, da súa
capacidade para fornecer armas convencionais, para os negocios de matar e morrer no
mundo pobre. Quen morre na guerra, quen chora e quen pasa fame? Os que teñen os datos
e capacidade para manexar os algoritmos sábeno ben. Eles tamén saben onde está o poder.
Aquí, dicía o avó do amigo Lisandro, mandan os cartos e despois o can. O can de calquera
raza que sexa, incluso o can da ama, é quen manda. Se vostede, lector ou lectora deste
xornal, algún día se atopa con Lisandro, escoitaralle contar o caso do restaurante no que só
podían entrar adultos, segundo se indicaba nun letreiro discretamente colocado na parte
dereita da porta de fóra.
Seguindo o ditado polo empresario, os nenos e rapaces tiñan prohibida a entrada. Mentres
tanto, unha señorita loura e de saia axustada ou aquel outro de traxe con chaqueta
recortada, podían entrar, comer e beber, con cadanseu cadelo ou cadela ao lado. Eran
animais de compañía. Era a evidencia de que aquí, quen manda é o can ou a cadela, de
calquera raza e de calquera cor que sexa.
O importante é o respecto e a consideración ás persoas, aos animais e ao medio ambiente. E
en favor dese respecto, cómpre establecer diferencias entre a lealdade do can e a
humanidade do neno. Cómpre albiscar a tristeza da sociedade que perde aqueles valores
tradicionais e prezados. A Tía Manuela diríxese aos mandatarios que reparten o mundo e
que o gobernan, con contundencia no seu falar, para recordarlles que “a terra, o aire, o mar,
a diversidade, a vida e o firmamento son de todos. E, os algoritmos teñen que resolver con
ese principio poderoso e irrenunciable”.

Outros artigos

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.