Portos e Rianxo acordan a proposta de terreo portuario (o Paseo da Ribeira e Setefogas) que será achegada ao Estado para acadar logo a titularidade municipal

07 Marzo 2025

Portos de Galicia e o Concello de Rianxo, na Coruña, acordaron este venres 7 de marzo a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos declarados “innecesarios” para a actividade portuaria no municipio. Así quedou de manifesto na reunión celebrada entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde rianxeiro na sede do organismo portuario na Coruña. No encontro as administracións consensuaron a delimitación do solo susceptíbel de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello de Rianxo dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria.

Álvarez sinalou que a proposta acordada baséase “en criterios estritamente técnicos que foron ratificados previamente polo conselleiro do Mar coa FEGAMP”. En concreto no caso do porto de Rianxo os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello corresponden aos Xardíns do Paseo da Ribeira e a dársena de Setefogas.

A reunión co Concello de Rianxo dá continuidade á celebrada días atrás con Laxe, Vilagarcía e A Illa de Arousa, dentro da segunda fase do procedemento de reversións, logo de que o Consello Reitor de Portos de Galicia aprobase en xaneiro a declaración de innecesariedade dos terreos dos 8 portos que se incluíron na primeira fase. Tras a ratificación polo Consello Rector, a proposta trasládase á Consellería de Facenda para a súa elevación ao Consello da Xunta. Unha vez aprobadas polo Executivo galego, remitiranse ao Ministerio de Transición Ecolóxica para a súa tramitación e, no seu caso, aprobación final en Consello de Ministros.

Luminarias e pavimentacións.

No encontro o presidente Portos informou ao alcalde tamén de que nas vindeiras semanas comezará a renovación das luminarias do peirao por LED con sistema de control de telemático. O ente público investirá nesta actuación no porto de Rianxo un total de 268.000 euros. Ademais, investiranse preto de 106.000 euros na pavimentación dos firmes esgotados e o pintado de sinalización horizontal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.